Aeroporto de Christchurch

Aeroporto de Christchurch
Christchurch International Airport

IATA: CHC – ICAO: NZCH
Sumario
Operador Christchurch International Airport Limited
Cidade/Illa Christchurch
Localización Harewood
Elevación (msnm) 37 metros / 123 pés
Coordenadas
Web christchurchairport.co.nz
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
02/20 3 288 10 785 asfalto
11/29 1 741 5 712 asfalto
02/20 515 1 690 herba
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 6 439 703

O aeroporto inernacional de Christchurch (IATA: CHCOACI: NZCH) é o principal aeroporto que serve a Christchurch, Nova Zelandia. Está situado a 12 quilómetros ao noroeste do centro da cidade, no suburbio de Harewood. Inaugurouse oficialmente o 18 de maio de 1940 e converteuse no primeiro aeroporto internacional de NOva Zelandia o 16 de decembro de 1950.[1] É o segundo aeroporto máis concorrido do país despois do de Auckland, tanto en número de pasaxeiros como de operacións. Christchurch xunto con Auckland son os únicos dous aeroportos de Nova Zelandia que operan con regularidade avións Boeing 747 e Airbus A380.[2]

  1. Christchurch City Libraries (ed.). "Christchurch chronology". Consultado o 26 de decembro de 2017. 
  2. International Business Times (ed.). "Emirates to deploy A380 aircrafts to Christchurch in October, offer non-stop Dubai-Auckland flights". Consultado o 26 de decembro de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne