Aeroporto de Edimburgo Port-adhair Dhùn Èideann
Edinburgh Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Global Infrastructure Partners | ||
Operador | Edinburgh Airport Ltd. | ||
Cidade/Illa | Edimburgo | ||
Localización | Ingliston | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
06/24 | 2 556 | 8 386 | asfalto |
12/30 | 1 797 | 5 896 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 12 348 425 |
O aeroporto de Edimburgo (IATA: EDI, ICAO: EGPH) é un aeroporto escocés situado na área de Ingliston da cidade de Edimburgo. Foi o aeroporto máis concorrido de Escocia en 2016, pasando un total de 12,3 millóns de pasaxeiros nese ano, cun incremento do 11,1% con respecto a 2015. Tamén foi o sexto máis concorrido do Reino Unido por número de pasaxeiros en 2016.[1] Atópase a 9,3 km do oeste do centro da cidade, xusto ao lado das autoestradas M8 e M9. O seu propietario é Global Infrastructure Partners, que tamén ten a meirande parte do accionariado do aeroporto de Londres-Gatwick.[2] O aeroporto ten dúas pistas de aterraxe e unha terminal de pasaxeiros e emprega a unhas 2 500 persoas.