Aeroporto Adolfo Suárez Madrid–Barajas Aeropuerto Adolfo Suárez Madrid–Barajas
| |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Operador | Aena | ||
Cidade/Illa | Madrid | ||
Elevación (msnm) | 610 metros / 2.000 pés | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
pés | metros | ||
18R/36L | 14.272 | 4.350 | asfalto |
18L/36R | 11.483 | 3.500 | asfalto |
14L/32R | 11.483 | 3.500 | asfalto |
14R/32L | 13.451 | 4.100 | asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 53 402 506 | ||
Aumento pasaxeiros | ![]() | ||
Operacións | 387 566 | ||
Aumento operacións | ![]() | ||
Carga (ton.) | 470 795 | ||
Aumento carga | ![]() | ||
Fonte: AENA[1] |
O aeroporto Adolfo Suárez Madrid–Barajas,[2][3][4] antes coñecido como aeroporto de Madrid-Barajas, é un aeroporto público español xestionado por AENA, situado nas inmediacións da cidade de Madrid, a capital de España. É o primeiro aeroporto español por tráfico de pasaxeiros, carga aérea e operacións,[5] así como o cuarto de Europa por número de pasaxeiros e undécimo do mundo.[6]
As terminais localízanse no termo municipal de Madrid, pero o campo de voos esténdese tamén por Alcobendas, San Sebastián de los Reyes e Paracuellos de Jarama. Construído sobre un campo de leitugas, entrou en servizo o 22 de abril de 1931, aínda que houbo voos de proba nos terreos onde se asentaría o aeroporto desde 1928.
É o principal aeroporto de España e o que ten o maior número de voos directos a Hispanoamérica de todos os aeroportos europeos. A ruta aérea Madrid-Barcelona, coñecida como "ponte aérea" e que ten un dos seus extremos en Madrid–Barajas e no outro en Barcelona–El Prat, é a que ten maior número de voos á semana de todo o mundo.
En 2007 viaxaron polo aeroporto 52,1 millóns de pasaxeiros, situándose no décimo posto a nivel mundial e o cuarto de Europa por número de pasaxeiros.
O día 24 de marzo de 2014, o aeroporto pasa a ter o nome de aeroporto Adolfo Suárez Madrid–Barajas, en homenaxe ao antigo presidente do Goberno de España Adolfo Suárez, finado un día antes.[7][8]