Aeroporto de Pittsburgh Pittsburgh International Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público/militar | ||
Propietario | Condado de Allegheny | ||
Operador | Allegheny County Airport Authority | ||
Cidade/Illa | Pittsburgh | ||
Elevación (msnm) | 367 metros / 1 204 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
10R/28L | 3 505 | 11 500 | formigón |
10C/28C | 3 284 | 10 775 | asfalto/formigón |
10L/28R | 3 201 | 10 502 | asfalto/formigón |
14/32 | 2 469 | 8 101 | formigón |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 8 988 016[1] |
O aeroporto internacional de Pittsburgh (IATA: PIT, OACI: KPIT), anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Greater Pittsburgh, é un aeroporto civil e militar estadounidense situado nos suburbios de Pittsburgh, Pensilvania. Está situado nos municipios de Findlay e Moon no condado de Allegheny, a uns 30 quilómetros ao oeste do centro de Pittsburgh.
Foi construído para substituír o aeroporto do condado de Allegheny, máis preto da cidade pero demasiado pequeno para poder manexar o crecente número de pasaxeiros. A construción do novo aeroporto comezou en 1946 e inaugurouse en 1952. Co paso das décadas o tráfico de pasaxeiros foise incrementando, especialmente cando US Airways estableceu un dos seus principais centros de conexións e ampliou os seus servizos domésticos e internacionais dende o aeroporto.
No ano 1987 o condado e a autoridade aeroportuaria levou a cabo unha gran mellora de case 1 000 millóns de dólares a petición de US Airways, que tiña un importante centro de conexións e asumiu gran parte dos gastos. As novas instalacións inauguráronse en 1992. A comezos do novo século as aeroliñas comezaron a ter problemas polos cambios nas condicións da economía, e US Airways comezou a reducir as súas operacións locais, cambiando por Filadelfia e Charlotte. Esta redución de voos cara ao final da década levou ao peche parcial de dous vestíbulos do aeroporto.
Dende o ano 2015 o aeroporto tivo éxito atraendo aeroliñas de baixo custo, como Allegiant Air, Frontier Airlines e Spirit Airlines, xunto coas compañías internacionais Condor Flugdienst e WOW air.
O aeroporto de Pittsburgh é o máis concorrido do oeste de Pensilvania e o segundo do estado tras o aeroporto de Filadelfia. No ano 2017 pasaron polas súas instalacións un total de 8 988 016 pasaxeiros.[1]