Aeroporto de Valencia Aeroport de València
Aeroport de Manises | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Operador | AENA | ||
Cidade/Illa | Valencia | ||
Localización | Manises e Quart de Poblet | ||
Elevación (msnm) | 68,67 metros / 225 pés | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
04/22 | 1 130 | 3 707 | asfalto |
12/30 | 3 200 | 10 499 | asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 6 745 394 | ||
Operacións | 68 041 | ||
Carga (kg) | 13 125 744 | ||
Fonte: AENA[1] |
O Aeroporto de Valencia (en valenciano: Aeroport de València), denominado tamén Aeroporto de Manises, é un aeroporto xestionado por AENA situado entre os termos municipais de Manises e Quart de Poblet, nas proximidades da cidade de Valencia. O tráfico que soporta é maioritariamente regular e estatal aínda que o tráfico de vos chárter medra cada ano. Os destinos con maior tráfico son Madrid, que acapara preto da metade do seu tráfico, Palma, Barcelona, Sevilla e Eivissa. Ten conexión co Aeroporto de Santiago de Compostela.
No ámbito internacional París, Milán, Londres, Múnic e Nova York son os destinos máis importantes.