Afonso X o Sabio

Modelo:BiografíaAfonso X o Sabio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Alfonso X de Castilla, Alfons X el savi Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1221 Editar o valor en Wikidata
Toledo, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1284 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Sevilla, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIglesia Catedral de Santa María Editar o valor en Wikidata
Monarca de Castela e León
1252 – 1284
← Fernando III de CastelaSancho IV de Castela → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía e historia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, poeta, historiador, compositor, astrónomo, gobernante, xurista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Castela
Rei de León
Rei de Galicia Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeViolante de Aragón (1246 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
ParellaMaria Afonso de Leão
Mayor Guillen de Guzmán Editar o valor en Wikidata
FillosViolante de Castela
 () Violante de Aragón
Isabel de Castilla
 () Violante de Aragón
Martin Alfonso de Castilla
 ()
Urraca Alfonso de Castilla
 () Mayor Guillen de Guzmán
Beatriz de Castela
 () Mayor Guillen de Guzmán
Alfonso Fernández el Niño
 ()
Berenguela de Castela
 () Violante de Aragón
Beatriz de Castela
 () Violante de Aragón
Fernando de La Cerda
 () Violante de Aragón
Leonor de Castela
 () Violante de Aragón
Sancho IV de Castela
 () Violante de Aragón
Costanza de Castela
 () Violante de Aragón
Pedro de Castela
 () Violante de Aragón
Xoán I de Galiza e León
 () Violante de Aragón
Jaime de Castela
 () Violante de Aragón Editar o valor en Wikidata
PaisFernando III de Castela Editar o valor en Wikidata  e Beatriz de Suabia Editar o valor en Wikidata
IrmánsHenrique de Castela
Filipe
Fernando de Castela
Manuel de Castela
Frederico de Castela
Sancho de Castela
Lionor de Castela
Fernando de Castela
Lois de Castela
Berenguela de Castela
María de Castela Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Allgemeine Deutsche Biographie Editar o valor en Wikidata
BNE: XX880126 Bitraga: 5538 Musicbrainz: 6c7be16e-8fb3-44c7-841e-4cf2f08c13e4 Discogs: 1000587 IMSLP: Category:Alfonso_X_of_Castile WikiTree: Castilla-113 Find a Grave: 8087629 Deezer: 3012031 Editar o valor en Wikidata

Afonso X, tamén coñecido como Afonso IX,[1][2][3] nado en Toledo o 23 de novembro de 1221[4] e finado en Sevilla o 4 de abril de 1284, foi rei de Castela e León.[5]

Á morte do pai, Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra os musulmáns, e ocupou Xerez (1253), arrasou Salé, o porto de Rabat (1260) e conquistou Cádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dos mudéxares de Murcia e do val do Guadalquivir.

Como fillo de Beatriz de Suabia, da casa de Hohenstaufen, aspirou á coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.

Os últimos anos do seu reinado foron especialmente sombríos, debido ao conflito sucesorio provocado pola morte prematura do seu primoxénito, Fernando de la Cerda, e a minoría de idade dos outros fillos, o que desembocou na rebelión aberta do infante Sancho e de gran parte da nobreza e das cidades do reino. Afonso morreu en Sevilla durante o transcurso desta revolta, non sen antes desherdar o seu fillo Sancho.

Levou a cabo unha activa e beneficiosa política económica, reformando a moeda e a facenda, concedendo numerosas feiras e recoñecendo en 1273 o Honrado Consejo de la Mesta.

Tamén é recoñecido pola súa obra literaria, científica, histórica e xurídica realizada polo seu escritorio real. Afonso X patrocinou, supervisou e, moitas veces, participou coa súa propia escritura e en colaboración cun conxunto de intelectuais latinos, hebreos e islámicos coñecido como Escola de Tradutores de Toledo, na composición dunha inxente obra literaria que iniciou en boa medida a prosa en castelán. Destacan as Sete Partidas (Las Siete Partidas), unha recompilación xurídica e de principios do dereito, e algúns tratados de xadrez e de astronomía. Ademais escribiu poesía en galego-portugués, como as Cantigas de Santa María, realizando unha grande achega á lingua culta do momento na corte do reino, a lingua galego-portuguesa. Tamén escribiu poemas trobadorescos. Por todo isto foi alcumado o Sabio. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1980.[6]

En 1935 recoñeceuse como astrónomo nomeándose no seu honor o cráter lunar "Alphonsus".[7]

  1. Fuero Real de España: Diligentemente hecho por el noble Rey don Alonso .ix. (en castelán). 1543. 
  2. Las Siete Partidas del Sabio Rey Don Alfonso El IX (en castelán) I. 1843. 
  3. Picallo, Héitor (2021). O escudo do Reino da Galiza: unha (re)visión (inter)nacional. De Nós. Monografías con perspectiva galega. Sermos Galiza. p. 33. ISBN 978-84-09-32444-6. 
  4. "Afonso X o Sabio". Real Academia Galega. Consultado o 30 de abril do 2016. 
  5. A titulación completa era: Rei de Castela, de Toledo, de León, de Galicia, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén e do Algarve (desde 1260).
  6. "Letras Galegas 1980". Real Academia Galega. 
  7. Ficha do cráter lunar "Alphonsus", en Gazeteer of Planetary Nomenclature Arquivado 11 de decembro de 2016 en Wayback Machine.. Consultada o 24 de outubro de 2016.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne