Nome orixinal | (es) Alfonso de Castilla |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de novembro de 1453 (Gregoriano) Mosteiro de Nosa Señora de Gracia (Coroa de Castela) |
Morte | 5 de xullo de 1468 (Gregoriano) (14 anos) Cardeñosa, España |
Lugar de sepultura | Cartuxa de Santa María de Miraflores |
Monarca de Castela e León | |
1465 – 1468 | |
Príncipe de Asturias | |
1464 – 1465 | |
43º Gran Mestre da Orde de Santiago | |
1463 – 1467 | |
Pretendente á Coroa de Castela | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | político |
Carreira militar | |
Conflito | conflito pola sucesión de Henrique IV de Castela |
Outro | |
Título | Príncipe de Asturias Rei de Castela Infante de Castela Rei de León |
Familia | Casa de Trastámara |
Pais | Xoán II de Castela e Isabel de Portugal |
Irmáns | Henrique IV de Castela Catarina de Catela Lionor de Castela Isabel I de Castela María de Castela |
Afonso de Castela, coñecido tamén no seu tempo como Afonso o Inocente, nado en Tordesillas o 17 de novembro de 1453 e finado en Cardeñosa o 5 de xullo de 1468 , foi un nobre castelán. Tiña o título de Infante de Castela, ao ser fillo do rei Xoán II de Castela e da raíña Isabel de Portugal. Era irmán da futura raíña Isabel I de Castela, máis coñecida como Isabel a Católica.
Afonso foi un dos protagonistas do conflito pola sucesión do seu medio irmán Henrique IV. O rei Henrique, premido por un sector da nobreza, viuse obrigado a proclamar a Afonso Príncipe de Asturias en 1464 en detrimento da súa filla Xoana. Máis tarde, eses mesmos nobres proclamarían a Afonso rei en 1465, iniciándose unha guerra entre os partidarios deste e os de Henrique IV. Desta forma, Afonso, co título de Afonso XII de Castela, disputou a Coroa ao seu medio irmán ata a súa prematura morte en 1468.