![]() ![]() | |
Nome orixinal | (es) Alfonso de Castilla ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de novembro de 1453 (Gregoriano) ![]() Mosteiro de Nosa Señora de Gracia (Coroa de Castela) ![]() |
Morte | 5 de xullo de 1468 (Gregoriano) ![]() Cardeñosa, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cartuxa de Santa María de Miraflores ![]() |
![]() | |
1465 – 1468 | |
![]() | |
1464 – 1465 | |
![]() | |
1463 – 1467 | |
Pretendente á Coroa de Castela | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Cor do pelo | Louro ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | conflito pola sucesión de Henrique IV de Castela ![]() |
Outro | |
Título | Príncipe de Asturias Rei de Castela Infante de Castela Rei de León ![]() |
Familia | Casa de Trastámara ![]() |
Pais | Xoán II de Castela ![]() ![]() |
Irmáns | Henrique IV de Castela Catarina de Catela Lionor de Castela Isabel I de Castela María de Castela ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Afonso de Castela, coñecido tamén no seu tempo como Afonso o Inocente, nado en Tordesillas o 17 de novembro de 1453 e finado en Cardeñosa o 5 de xullo de 1468 , foi un nobre castelán. Tiña o título de Infante de Castela, ao ser fillo do rei Xoán II de Castela e da raíña Isabel de Portugal. Era irmán da futura raíña Isabel I de Castela, máis coñecida como Isabel a Católica.
Afonso foi un dos protagonistas do conflito pola sucesión do seu medio irmán Henrique IV. O rei Henrique, premido por un sector da nobreza, viuse obrigado a proclamar a Afonso Príncipe de Asturias en 1464 en detrimento da súa filla Xoana. Máis tarde, eses mesmos nobres proclamarían a Afonso rei en 1465, iniciándose unha guerra entre os partidarios deste e os de Henrique IV. Desta forma, Afonso, co título de Afonso XII de Castela, disputou a Coroa ao seu medio irmán ata a súa prematura morte en 1468.