Afrika Korps

O Deutsches Afrika Korps (De-Deutsches Afrikakorps-pronunciation.ogg pronunciación en alemán ) era unha forza militar alemá enviada ao norte de África en 1941 como apoio das tropas italianas que estaban sendo derrotadas polos ingleses durante a segunda guerra mundial. O seu comandante era o Mariscal de campo Erwin Rommel, coñecido como o Raposo do deserto.

Avance da 39ª sección Panzerjäger pertencente ao Afrika Korps, 1942.

Tivo unha brillante actuación, combatendo en inferioridade de condicións contra as tropas británicas do xeneral Bernard Law Montgomery, ata ser derrotado na Segunda Batalla de El Alamein (23 de outubro ao 3 de novembro de 1942).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne