Agave | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Agave americana | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
Véxase o texto |
A agave[1] é un xénero de monocotiledóneas. As plantas son perennes, pero cada roseta florece unha vez e despois morre.[2] O seu eido de distribución é eminentemente mexicano, mais as agaves son tamén nativas do suroeste dos Estados Unidos e América do Sur central e tropical. É un xénero composto por 183 especies, algunhas das cales amplamente cultivadas como a Agave sisalana (para produción de sisal), Agave tequilana (para a produción de tequila), Agave americana e Agave attenuata para fins ornamentais.
En Galicia está catalogado como especie exótica invasora.[3]