O agnome ou agnomen[1] era na Antiga Roma un alcume honorífico que se engadía ao nome de determinada persoa para resaltar unha das súas virtudes ou lembrar o éxito dun dos seus feitos. Era un sobrenome individual que se podía agregar ao convencional sistema dos tria nomina (praenomen, nomen, cognomen).[2]