AgustaWestland | |
---|---|
![]() | |
Tipo | subsidiaria |
Fundación | 2000 |
Localización | Roma ![]() |
Produtos | helicópteros |
Na rede | |
https://helicopters.leonardo.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
AgustaWestland (coa marca Leonardo Helicopters dende xaneiro de 2016)[1] foi unha compañía de deseño e fabricación de helicópteros.[2] Era unha subsidiaria da firma italiana Leonardo S.p.A. (anteriormente Finmeccanica).[3] Formouse en xullo do ano 2000 como unha compañía multinacional anglo-italiana,[4] cando Finmeccanica e GKN fusionaron as súas respectivas subsidiarias de helicópteros (Agusta e Westland Helicopters) para crear AgustaWestland, mantendo cada unha o 50% das accións. Finmeccanica marcou a participación de GKN en AgustaWestland en 2004.