Air Canada Rouge | ||
---|---|---|
IATA RV | OACI ROU | Indicativo ROUGE |
Fundación | decembro de 2012 | |
Inicio das operacións | 1 de xullo de 2013 | |
Plan de voo frecuente | Aeroplan | |
Alianza | Star Alliance (afiliada) | |
Frota | 49 | |
Destinos | 49 | |
Páxina web: https://flyrouge.com |
Air Canada Rouge é unha aeroliña para destinos turísticos subsidiaria de Air Canada. A compañía está totalmente integrada na rede da súa empresa nai e de Air Canada Express, os voos véndense con números de voo de Air Canada pero aparecen como "operados por Air Canada Rouge" (de xeito semellante aos voos operados baixo a marca Air Canada Express). Rouge significa "vermello" en francés.