Air New Zealand

Air New Zealand
IATA
NZ
OACI
ANZ
Indicativo
NEW ZEALAND
Fundación1939/1940
Inicio das operacións1965
Plan de voo frecuenteAirpoints
AlianzaStar Alliance
SubsidiariasAir New Zealand Link
Frota48 (sen subsidiarias)
Páxina web: http://www.airnewzealand.com/

Air New Zealand Limited é a aeroliña nacional de Nova Zelandia. Ten a súa base en Auckland e realiza voos cara a 27 destinos domésticos e 29 internacionais en 15 países de Asia, Europa, Oceanía e Norteamérica. Foi a única aeroliña que daba a volta ao mundo[1]. Air New Zealand é membro da alianza de aeroliñas Star Alliance dende o ano 1999.

As rutas de Air New Zealand céntranse en Australasia e o Pacífico Sur, con servizos de longa distancia cara Asia, Europa e Norteamérica. O principal centro de operacións da aeroliña está no aeroporto de Auckland e a súa sede sitúase nun edificio chamado "The Hub", a 20 km do aeroporto.

Air New Zealand orixinouse en 1940 como Tasman Empire Airways Limited (TEAL), unha compañía de hidroavións que realizaba voos entre Nova Zelandia e Australia. TEAL pasou a ser propiedade do goberno neozelandés en 1965 e pasou a chamarse Air New Zealand. No ano 1989 gran parte da compañía foi privatizada, pero a maioría volvería ser adquirida polo goberno en 2001.

A aeroliña ten unha frota de longa distancia composta por Boeing 747, Boeing 767, Boeing 777 e Airbus A320 para rutas internacionais. A compañía tamén usa unha frota de Airbus A320 e Boeing 737 para operacións de curta distancia. As subsidiarias rexionais de Air New Zealand, Air Nelson, Eagle Airways e Mount Cook Airline realizan servizos domésticos dentro do país.

  1. Why fly Air New Zealand round the world? (en inglés)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne