Airbus A310 | |
---|---|
![]() A310-300 de Royal Jordanian | |
Tipo | pasaxeiros |
Fabricante | Airbus |
Primeiro voo | 3 de abril de 1982 |
Introducido | abril de 1983 |
Estado | en servizo |
Produción | 1983 - 2007 |
Unidades construídas | 255 |
Variantes | Airbus A310 MRTT Airbus CC-150 Polaris |
O Airbus A310 é un avión civil de pasaxeiros bimotor, de medio alcance e fuselaxe ancho de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. Foi lanzado en 1978 e desenvolveuse a partir do A300, sendo máis curto que o seu antecesor. Quizais a súa característica máis importante é o seu alcance, polo que foi usado intensivamente nas rutas transatlánticas.
A orixe do A310 atópase dentro dos estudos de deseño orixinalmente realizados para o anterior programa A300, especificamente o deseño máis pequeno A300B10MC. Durante a fase de probas de voo do programa A300 varias aeroliñas falaron con Airbus dicíndolle que tamén había suficiente mercado para un avión máis pequeno, facendo que a compañía iniciase estudos para producir un modelo distinto. O deseño establecido para o avión, despois designado A310, era esencialmente un acurtamento da fuselaxe do A300, equipado cunha nova á e unha configuración de tren de aterraxe máis lixeira para adaptarse á escala máis pequena do aparello. Compartía moitos elementos en común co A300, particularmente en termos da cabina de mando e de subsistemas. Estas semellanzas permitiron que os dous modelos fosen fabricados na mesma liña de montaxe.
O A310 (xunto co A300) parou de fabricarse oficialmente en xullo de 2007, aínda que a súa derradeira entrega foi en xuño de 1998. No mes de agosto de 2010 255 A310 foran entregados, 208 dos cales aínda estaban sendo operados.