Airbus A330

Airbus A330
A330-300 de Iberworld
TipoPasaxeiros
FabricanteAirbus
Primeiro voo2 de novembro de 1992
Introducido17 de xaneiro de 1994 con Air Inter
Estadoen produción
Produción1992 - presente
Unidades construídas1.303 en outubro de 2016
VariantesAirbus A330neo

O Airbus A330 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, bimotor de gran capacidade, alcance medio-longo e fuselaxe ancha. O seu desenvolvemento foi paralelo ao do Airbus A340. Pode acomodar a 335 pasaxeiros en dúas clases ou levar 70 toneladas de carga, cun alcance que vai dos 7 400 ata os 13 430 quilómetros dependendo da variante.

Airbus tentou con este avión competir no mercado dos birreactores de alcance longo (ETOPS en inglés), que estaba dominado polos Boeing 767 e Boeing 777. O Boeing 757 pertence a este sector pero non ten moito alcance.

A fuselaxe e ás do A330 son practicamentes idénticas ás do A340, pero ten diferentes motores. O avión herda o deseño de fuselaxe do A300, e os mandos e panel de control electrónicos fly-by-wire do A320.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne