![]() | |
Nome orixinal | (ja) 黒澤明 (ja) 黒沢明 ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de marzo de 1910 ![]() Shinagawa (Imperio do Xapón) ![]() |
Morte | 6 de setembro de 1998 ![]() Setagaya, Xapón ![]() |
Causa da morte | derramo cerrebral ![]() |
Lugar de sepultura | An'yō-in 35°18′51″N 139°33′20″L / 35.314064, 139.555447 ![]() |
Residencia | Xapón ![]() |
Altura | 182 cm ![]() |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, escritor, realizador, produtor, montador, produtor de cinema, guionista, pintor ![]() |
Período de tempo | Século XX ![]() |
Período de actividade | 1936 ![]() ![]() |
Membro de | |
Pseudónimo literario | AK ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Yōko Yaguchi (1945–1985), morte do cónxuxe ![]() |
Fillos | Hisao Kurosawa, Kazuko Kurosawa ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Куросава Акира) Enciclopedia soviética armenia Obálky knih, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Akira Kurosawa (黒澤 明[1] Kurosawa Akira?), nado en Toquio o 23 de marzo de 1910 e finado na mesma cidade o 6 de setembro de 1998, foi un director, produtor e guionista de cine xaponés. As súas películas influenciaron grandemente unha xeración enteira de realizadores como George Lucas ou Sergio Leone. A súa primeira película acreditada (Sugata Sanshiro) presentouse en 1943 e a última (Madadayo) en 1993. Considerado como un dos máis importantes e influentes directores da historia do cine, Kurosawa dirixiu 30 filmes en 57 anos de carreira.
Kurosawa comezou na industria do cine xaponés en 1936, despois dun breve período como pintor. Despois de moitos anos traballando en filmes como asistente de director e guionista, debutou detrás da cámara en 1943 cun filme de acción Sugata Sanshirō. Despois da segunda guerra mundial, a crítica aclamou O anxo ebrio (1948), no cal Kurosawa escolleu entre o elenco a un daquela descoñecido Toshiro Mifune, facendo medrar a súa reputación como un dos mellores novos directores do Xapón. Os dous homes colaborarían xuntos noutros 15 filmes.
Rashomon, que se estreou en Toquio en agosto de 1950, converteuse o 10 de setembro de 1951 no gañador sorpresa do León de Ouro no Festival de Cine de Venecia, e máis tarde foi estreada en Europa e Norte América. O éxito comercial e da crítica abriulle a porta do mercado cinematográfico occidental. Durante os anos 1950 e 1960, Kurosawa dirixiu aproximadamente un filme por ano, incluíndo Ikiru (1952), Os sete samurais (1954) e Yojimbo (1961). Despois dos anos 1960, volveuse menos prolífico, pero no seu período final dirixe Kagemusha (1980) e Ran (1985). En 1990, acepta o Óscar á Traxectoria Profesional.[2][3]