Nome orixinal | (ar) الخيزران بنت عطاء ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VIII ![]() Iemen ![]() |
Morte | 20 de novembro de 789 ![]() Bagdad, Iraq ![]() |
Lugar de sepultura | Al Khaisaran cemetery (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía ![]() |
Ocupación | poetisa, gobernante, escritora, política ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Al-Mahdi ![]() |
Fillos | Al-Hadi, Harún al-Rashid ![]() |
Irmáns | Salsal bint Ata ![]() |
Descrito pola fonte | Two Queens of Baghdad (en) ![]() ![]() |
Al-Khaizuran bint Atta (en árabe: الخيزران بنت عطاء), finada en 789, foi esposa do califa abasí Al-Mahdi e nai doutros dous califas: Al-Hadi e Harún al-Rashid, gobernou de facto de 775 a 789 durante o reinado do seu marido e fillos sendo coñecida pola súa enorme influencia nos asuntos estatais.
Khaizuran foi a primeira muller na historia do islam en gobernar e a primeira muller na historia musulmá en acuñar moedas de ouro co seu nome. Converteuse nunha das mulleres máis poderosas da súa época baixo o nome do seu marido e fillos, Mahdi, Hadi e Harún. Durante o reinado de Mahdi, Khaizuran apareceu a miúdo na corte cando o califa estaba presente e fixo uso dun gran poder político, porque Mahdi non facía nada sen o seu consello e consentimento e, antes da emisión de calquera decreto, consultábao con ela.
Despois da morte do soberano, Khaizuran fíxose cargo directamente dos asuntos de goberno até a chegada do seguinte califa, e logrou a lealdade do exército do seu fillo, mais Hadi opúxose á súa nai non querendo compartir con ela o goberno. Á morte de Hadi rumoreouse que Khaizuran o fixera asasinar. Ao gobernar o seu outro fillo Harún al-Rashid, volveu ter o poder político.