Al-Khwarizmi

Modelo:BiografíaAl-Khwarizmi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) أبو عبد الله محمد بن موسى الخوارزمي Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ar) محمد بن موسى الخوارزمي Editar o valor en Wikidata
c. 780 Editar o valor en Wikidata
Corasmia () Editar o valor en Wikidata
Mortec. 850 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Bagdad () Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBagdad Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam e Sunnismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía, matemáticas, álxebra, Numerais hindus (pt) Traducir, aritmética, trigonometría, xeografía e Ciencias da Terra Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, filósofo, tradutor, xeógrafo, astrónomo, historiador Editar o valor en Wikidata
Período de tempoIdade do Ouro islámica Editar o valor en Wikidata
Período de actividade813 Editar o valor en Wikidata - 846 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCasa da Sabedoría Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4929767

Abu Abdallah Muḥammad ibn Mūsā al-Jwārizmī (Abu Yāffar) (عَبْدَالله مُحَمَّد بِن مُوسَى اَلْخْوَارِزْمِي en árabe, خوارزمی en persa e transliterado inicialmente como Algoritmi ou Algaurizin), nado en Khiva (actual Uzbekistán) contra o ano 780 e finado no 850, foi un matemático, astrónomo e xeógrafo persa[1][2] de lingua literaria árabe. Desenvolveu a súa actividade na Casa da sabedoría de Bagdad durante a Idade de ouro do califato Abbásida.

No século XII, as traducións latinas do seu traballo sobre os numerais indios introduciron en Europa o sistema posicional de numeración decimal[3]. O seu Compendio do cálculo mediante restitución e redución presenta a primeira solución sistemática en árabe das ecuacións lineares e cadráticas. No Renacemento europeo, foi considerado o inventor orixinal da álxebra, aínda que hoxe se sabe que a súa obra baseábase nas antigas fontes gregas e indias[4]. Tamén revisou a Xeografía de Tolomeo e escribiu sobre astronomía e astroloxía.

Algunhas palabras reflicten a importancia das contribucións de al-Khwarizmi ás matemáticas: "Álxebra" deriva de al-jabr, unha das dúas operacións que usaba para resolver ecuacións cadráticas. "Algoritmo" procede de Algoritmi, a forma latina do seu nome[5], que tamén está na orixe da palabra castelá guarismo[6] e da portuguesa e galega algarismo[7], ambas co significado de díxito numérico.

  1. Hogendijk, Jan P. (1998). "al-Khwarzimi". Pythagoras (en holandés) 38 (2): 4–5. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2016. Consultado o 1 de febreiro de 2014. 
  2. Oaks, Jeffrey A. Universidade de Indianapolis, ed. "Was al-Khwarizmi an applied algebraist?" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2010. Consultado o 1 de febreiro de 2014. 
  3. Struik, Dirk Jan (1987). Dover Publications, ed. A Concise History of Mathematics (en inglés) (4ª ed.). ISBN 0-486-60255-9. 
  4. Rosen 1831, p. v–vi; Toomer 1990
  5. Daffa 1977
  6. Knuth, Donald (1979). Springer-Verlag, ed. Algorithms in Modern Mathematics and Computer Science (PDF) (en inglés). ISBN 0-387-11157-3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de novembro de 2006. Consultado o 01 de febreiro de 2014. 
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para algarismo.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne