State of Alabama (en) | |||||
Himno | Alabama (en) (1931) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Audemus jura nostra defendere (en) » | ||||
Símbolo oficial | Pica-pau-mosqueado (pt) (aves) | ||||
Alcume | The Yellowhammer State e Heart of Dixie | ||||
Epónimo | Alabama people (en) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Capital | Montgomery (1846–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.024.279 (2020) (37,01 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.888.504 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 135.765 km² | ||||
Auga | 3,39 % | ||||
Altitude | 152 m | ||||
Punto máis alto | Monte Cheaha (pt) (735 m) | ||||
Punto máis baixo | Golfo de México (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 14 de decembro de 1819 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Alabama (en) | ||||
• Governador (pt) | Kay Ivey (pt) (2017–) | ||||
Órgano lexislativo | Cortes de Alabama , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Alabama Supreme Court (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-AL | ||||
Identificador GNIS | 1779775 | ||||
Sitio web | alabama.gov | ||||
Alabama,[1] ou Estado de Alabama,[2] é un estado da rexión sueste dos Estados Unidos de América. Linda ao norte co estado de Tennessee, ao leste co estado de Xeorxia, ao sur co estado de Florida e co Golfo de México e, ao oeste, co estado de Mississippi. Alabama ocupa o posto 30o en canto a superficie se refire, así coma o 24o en termos de poboación do país, posuíndo ao redor de 5,1 millóns de habitantes, segundo datos de 2023.[3]
Alabama é alcumado "Yellowhammer State", en honra á ave estatal, aínda que tamén é coñecido coma "Heart of Dixie" ou "Cotton State", é dicir, "Corazón de Dixie" e "Estado Algodoeiro" respectivamente. Alabama posúe unha xeografía diversa, co montañoso Val de Tennessee abranguendo parte do norte mentres que, a Baía de Mobile, un porto de moita importancia histórica, se localiza ao sur. A capital de Alabama é Montgomery, mais a súa maior cidade, tanto en poboación coma en área, é Huntsville.[4]