Alaska Airlines | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA AS | OACI ASA | Indicativo ALASKA |
Fundación | 1932 (como McGee Airways) | |
Inicio das operacións | 6 de xuño de 1944 | |
Plan de voo frecuente | Mileage Plan | |
Frota | 125 | |
Destinos | 91 | |
Páxina web: http://www.alaskaair.com/ |
Alaska Airlines é unha aeroliña con sede en SeaTac, Estado de Washington. Creceu desde unha pequena aeroliña rexional até se converter nunha empresa que transporta máis de 12 millóns de pasaxeiros ao ano. As súas bases de operacións atópanse no Aeroporto Internacional de Seattle-Tacoma e no Aeroporto Internacional Ted Stevens Anchorage de Anchorage, en Alasca. Tamén realiza operacións importantes no Aeroporto Internacional de Los Angeles e no Aeroporto Internacional de Portland. Ten dúas unidades de negocios: Horizon Airlines e a propia Alaska Airlines.