Albus Dumbledore

Albus Dumbledore
Personaxe de Harry Potter
Figura de cera de Michael Gambon como o personaxe de Albus Dumbledore.
Primeira apariciónHarry Potter e a pedra filosofal
Última apariciónHarry Potter e as reliquias da morte
Creado porJ. K. Rowling
Interpretado porRichard Harris (adulto en HP1 e HP2)
Michael Gambon (adulto de HP3 a HP7.2)
Toby Regbo (mozo en HP7.1 e Fantastic Beasts: The Crimes of Grindelwald)
Jude Law (adulto, en Fantastic Beasts: The Crimes of Grindelwald)
CasaGryffindor
Información
FamiliaPercival Dumbledore (pai)
Kendra Dumbledore (nai)
Aberforth Dumbledore (irmán)
Ariana Dumbledore (irmá)

Albus Percival Wulfric Brian Dumbledore[1] é unha personaxe ficticia das novelas de Harry Potter, escritas por J. K. Rowling. Durante a meirande parte da serie, é o director da Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Como parte da súa historia, revélase que é o líder e fundador da Orde do Fénix, unha organización adicada á loita contra o antagonista principal da serie, Lord Voldemort.

Dumbledore foi interpretado por Richard Harris nas adaptacións cinematográficas de Harry Potter e a Pedra Filosofal (2001) e Harry Potter e a Cámara dos Segredos (2002). Após o finamento de Harris no outubro de 2002, Michael Gambon adoptou o papel de Dumbledore nos seis filmes restantes, do 2004 até o 2011. Jude Law foi o actor que interpretou a Dumbledore coma un home de mediana idade nas prequelas Fantastic Beasts: The Crimes os Grindelwald (2018) e Fantastic Beasts: The Secrets of Dumbledore (2022).

Rowling declarou que escolleu o nome de Dumbledore, que é unha verba dialectal de ''bumblebee'' (termo inglés para referirse aos abesouros), pola afección de Dumbledore á música. A miúdo, imaxinábao paseando e cantaruxando para si mesmo.

  1. Hirsch, Anne-Christin (2008). GRIN Verlag, ed. Names and Their Underlying Mythology in J.K. Rowling's Harry Potter-Novels. p. 7. ISBN 978-3-640-16412-7. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne