Aleixo III de Trebisonda

Modelo:BiografíaAleixo III de Trebisonda

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Αλέξιος Γ΄ Μέγας Κομνηνός Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1338 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Trebisonda, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte20 de marzo de 1390 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Trebisonda, Turquía Editar o valor en Wikidata
Emperador de Trebisonda
22 de decembro de 1349 – 20 de marzo de 1390
← Miguel de TrebisondaManuel III de Trebisonda → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaQ3853907 Traducir e Dinastía Ducas-Comneno Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTeodora Cantacuzena (1358 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosEudóxia de Trebizonda, Andronikos Comnenos, Ana de Trebizonda, rainha da Geórgia, Basileios Comnenos, Manuel III de Trebisonda Editar o valor en Wikidata
PaisBasilio de Trebisonda Editar o valor en Wikidata  e Irene de Trebizonda Editar o valor en Wikidata
IrmánsTeodora de Trebizonda
Maria de Trebizonda Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Aleixo III de Trebisonda ou Aleixo III Comneno (en grego: Αλέξιος Γ΄ Μέγας Κομνηνός, trans. Aléksios III Mégas Komnēnós, nado en Trebisonda o 5 de outubro de 1338 e finado no mesmo lugar o 20 de marzo de 1390, foi emperador (Gran Comneno) de Trebisonda desde o 21 de xaneiro de 1350 até a súa morte. Aleixo III naceu o 5 de outubro de 1338.[1] O seu verdadeiro nome era Xoán, con todo, despois do seu ascenso ao trono, pasou a chamarse Aleixo, en honra do seu avó Aleixo II de Trebisonda[2][3]. Foi o segundo fillo do emperador Basilio Comneno e da súa amante (ou a súa segunda esposa) Irene[4]. Casou con Teodora Cantacucena, a sobriña do emperador bizantino Xoán VI Cantacuceno[5]. A súa voda con Teodora Cantacucena tivo lugar o 28 de setembro de 1351 no katholikón da igrexa de Santo Uxío[6]. O 21 de xaneiro de 1350 Xoán converteuse en emperador co nome de Aleixo III, despois de regresar a Trebisonda desde Constantinopla, tras un longo período de exilio[7].

Durante o seu reinado Aleixo III enfrontouse co conflito interno e as guerras civís entre as familias aristocráticas de Trebisonda, que atormentaban o Imperio desde o reinado de Irene Paleóloga[8]. Aleixo III foi incapaz de dominar ás familias enfrontadas; en lugar diso optou por achegarse a unha de cada vez, segundo as circunstancias, e sen deixar de arrestar aos membros de grupos rivais[9]. Tamén enfrontou as ameazas externas que foron o resultado da rivalidade entre os mercadores venecianos e xenoveses, así como os ataques dos turcománs nos territorios do Imperio. Aleixo III tamén foi un gran benefactor da escola de educación superior en Trebisonda e de moitas igrexas e mosteiros na rexión[10]. Tamén restaurou os muros da cidade e de moitas fortalezas do país. Morreu o 20 de marzo de 1390[10].

  1. (Nicol 1968, p. 144)
  2. (Finlay 2009, p. 431)
  3. (Miller 1926, p. 55)
  4. (Finlay 2009, p. 419)
  5. (Ripley & Dana 1857, p. 334)
  6. (Finlay 2009, p. 432)
  7. (Φιλιππίδης 1933, p. 237)
  8. (Λυμπερόπουλος 1999, p. 174)
  9. (Miller 1926, p. 246)
  10. 10,0 10,1 (Finlay 2009)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne