Para a planta cultivada forraxeira chamada alforfa, véxase artigo alfalfa.
Alforfa | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Trigonella foenum-graecum' L. | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
A alforfa[1] (Trigonella foenum-graecum) é unha planta fabácea, planta con flor, anual de entre 20 e 50 cm de altura con follas compostas de tres partes oblongas.
Florece en primavera. As súas follas son vilosas, as flores brancas e o froito é unha vaíña longa con sementes amarelas, duras e de aroma agradábel.
Medra salvaxe polo sur de Europa, mais a súa orixe establécese no suroeste asiático, lugar onde existen plantacións hoxe en día, aínda que se cultiva en todo o mundo como penso, ademais de ser un ingrediente importante da cociña da India e Tailandia, e ter propiedades tales como ser un dixestivo ou aumentar o leite materno.