Alias Grace | |
---|---|
Logo de Alias Grace. | |
Formato | Drama |
Dirixido por | Mary Harron |
Intérpretes | Sarah Gadon Edward Holcroft Rebecca Liddiard Zachary Levi Kerr Logan David Cronenberg Paul Gross Anna Paquin |
País de orixe | Canadá |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 1 |
Episodios | 6 (Lista de episodios) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | CBC Television (Canadá) Netflix (internacional) |
Primeiro episodio | 25 de setembro de 2017 |
Derradeiro episodio | 30 de outubro de 2017 |
Na rede | |
http://www.cbc.ca/aliasgrace/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Alias Grace é unha miniserie de televisión canadense dirixida por Mary Harron e escrita por Sarah Polley. Está baseada na novela homónima de Margaret Atwood publicada en 1996. Está protagonizada por Sarah Gadon, Edward Holcroft, Rebecca Liddiard, Zachary Levi, Kerr Logan, David Cronenberg, Paul Gross e Anna Paquin. A serie componse de seis episodios.[1] Estreouse na canle CBC o 25 de setembro de 2017 e emitiuse en Netflix o 3 de novembro de 2017.[2][3][4]