Alicia Herrera Rivera

Modelo:BiografíaAlicia Herrera Rivera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1928 Editar o valor en Wikidata
Valparaíso, Chile Editar o valor en Wikidata
Morte6 de abril de 2013 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Santiago de Chile Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Chile Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada, Activista polos dereitos humanos Editar o valor en Wikidata

Alicia Herrera Rivera, nada o 12 de maio de 1928 en Valparaíso e finada o 6 de abril de 2013 en Santiago de Chile, foi unha avogada feminista, ministra da Corte de Apelacións de Santiago de Chile.

Tras o golpe militar de Pinochet en 1973 sofre a opresión ditatorial, é vítima dun secuestro por axentes da Dirección de Inteligencia Nacional (DINA) e finalmente é obrigada a exiliarse a Europa, vivindo en Romanía, Alemaña Oriental e finalmente en España.

Pioneira na loita polos dereitos contra os malos tratos e a discriminación das mulleres, fundou en 1987 -xunto a un grupo de letradas- a asociación de Mujeres Juristas Themis, dedicada a promover a igualdade de xénero e facer realidade o principio constitucional de protección xurídica dos dereitos das mulleres.[1]

No ano 2000, en calidade de presidenta honoraria de Themis, foi premiada coa Cruz de Plata  de la Orden Civil y de la Solidaridad do Ministerio de Traballo.[2]

  1. Herrera Rivera, Alicia."Desde el tejado. Memorias".Editorial CESOC, Santiago de Chile, 2007
  2. "ORDEN de 27 de diciembre de 1999 por la que se concede la Cruz de Plata de la Orden Civil de la Solidaridad Social a la Asociación de Mujeres Juristas Themis.". 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne