Alien vs. Predator | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Alien vs. Predator |
Director | Paul W. S. Anderson |
Produtor | John Davis Gordon Carroll David Giler Walter Hill |
Guión | Paul W. S. Anderson |
Baseado en | Personaxes de Dan O'Bannon Ronald Shusett Jim Thomas John Thomas |
Intérpretes | Sanaa Lathan Lance Henriksen Raoul Bova Ewen Bremner Colin Salmon |
Música | Harald Kloser |
Fotografía | David Johnson |
Montaxe | Alexander Berner |
Estudio | Davis Entertainment Brandywine Productions |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | Internacional: 12 de agosto de 2004![]() |
Duración | 101 minutos 109 minutos Corte de 2005 |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Ficción científica, Terror |
Orzamento | $60 000 000[2] |
Recadación | $172 500 000[2] |
Filme seguinte | Aliens vs. Predator: Requiem |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Alien vs. Predator (tamén coñecido como AVP ou AVP: Alien vs. Predator) é un filme de ciencia ficción e terror dirixido por Paul W. S. Anderson e protagonizado por Sanaa Lathan e Lance Henriksen. É o primeiro título da franquía Alien vs. Predator, que é unha mestura das franquías de Alien e Predator. Anderson, Dan O'Bannon e Ronald Shusett escribiron a historia, e Anderson e Shane Salerno adaptárona ó guión. A súa historia está influída pola mitoloxía azteca, a serie de banda deseñada e os escritos de Erich von Däniken.
Ambientado no 2004, o filme conta a historia dun grupo de arqueólogos reunidos polo billonario Charles Bishop Weyland (Henriksen) para unha expedición na Antártida. O obxectivo da expedición e investigar un estraño sinal de calor xurdido do nada. Weyland e o seu equipo descobren unha pirámide debaixo da superficie do xeo. Os xeróglifos e as esculturas da pirámide revelan que é o escenario de guerra entre os Predators e os aliens como un rito de madurez. Os humanos están atrapados no medio da batalla entre as dúas especies e tratan por tódolos medios evitar que os aliens cheguen até a superficie.
O filme foi estreado o 13 de agosto de 2004 nos Estados Unidos e recibiu, polo xeral, críticas negativas. Recadou $172 millóns en todo o mundo. Ten unha secuela, Aliens vs. Predator: Requiem (2007).