Alligatorinae Rango fósil: Paleoceno-Holoceno,[1] (desde hai 60 millóns de anos) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Aligátor do Mississipi (arriba) e da China (abaixo) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
1 existente e 9 fósiles. Ver texto. |
Os aligatorinos (Alligatorinae) son unha das dúas subfamilias da familia Alligatoridae ( a outra é a familia dos caimáns, Caimaninae). Coñécense dez xéneros de aligatorinos, pero todos son fósiles menos un, Alligator. As dúas especies existentes desta subfamilia son Alligator mississippiensis, o aligátor do Mississippi, e Alligator sinensis, o aligátor da China.