Nome completo | All American Racers |
---|---|
Bandeira | Estados Unidos |
Baseada en | Santa Ana (California, Estados Unidos) |
Tempadas en activo | 3 (1966-1968) |
Número de pilotos | Dan Gurney Phil Hill Bob Bondurant Richie Ginther Bruce McLaren Ludovico Scarfiotti Al Pease |
Debut | Gran Premio de Bélxica de 1966 |
Carreiras | 28 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 1 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 2 |
Puntos totais | 17 |
Derradeiro GP | Gran Premio de México de 1968 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
All American Racers é un equipo de automobilismo e un construtor estadounidense con sede en Santa Ana (California).[1] Fundado por Dan Gurney e Carroll Shelby en 1964, All American Racers participou inicialmente en carreiras americanas de coches deportivos e carreiras de Champ Car, así como en carreiras de Fórmula 1 baixo o nome de Eagle. O equipo de Fórmula Un, con sede en Gran Bretaña, que usaba motores de fabricación británica Weslake, foi chamado Anglo American Racers. Baixo o director de equipo, Bill Dunne, establecéronse en Rye, East Sussex.[2] O equipo estaba á beira da planta de desenvolvemento de motores de Harry Weslake e a oitocentos metros da fábrica de coches Elva.[3] Participaron en 28 Grandes Premios, cun total de 34 coches.
Os primeiros Eagles foron creados despois da participación de AAR nas 500 Millas de Indianápolis de 1965 cun Lotus 38 patrocinado por Goodyear e Gurney recrutara ao anterior deseñador de Lotus Len Terry para desenvolver o seu propio automóbil para 1966. O resultado foi o Eagle T2G con motor Ford que foi co desenvolvido co Eagle T1G para a Fórmula 1. Saíron da Fórmula Un en 1968 para concéntrase na Champ Car, Eagle volveu ás carreiras de autos deportivos na década de 1980, en asociación con Toyota desenvolveron o Celica e logo os seus prototipos deportivos para o Campionato Camel GT.
A compañía construíu o DeltaWing deseñado por Ben Bowlby para o equipo Highcroft Racing que participou nas 24 Horas de Le Mans de 2012.