All Hands on the Bad One

All Hands on the Bad One
Álbum de Sleater-Kinney
Publicado2 de maio de 2000
Gravacióndecembro de 1999 - xaneiro de 2000
Estudio(s)Jackpot! Studio, Portland
John & Stu's Place, Seattle
Duración37:07
Xénero(s)indie rock, punk rock
Selo(s)Kill Rock Stars
Matador Records (RU)
ProdutorJohn Goodmanson
Cronoloxía
The Hot Rock
(1999)
All Hands on the Bad One One Beat
(2002)
Na rede
Spotify: 2SmO7PkPa3LExtOHl7ifHb Discogs: 64427 Allmusic: mw0000061848 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

All Hands on the Bad One é o quinto álbum da banda estadounidense de indie rock Sleater-Kinney, editado o 2 de maio do 2000 a través do selo Kill Rock Stars. O disco foi producido por John Goodmanson e gravouse entre decembro de 1999 e xaneiro de 2000 no Jackpot! Studio en Portland, Oregón e en John & Stu's Place en Seattle, Washington. A música do disco vai dende melodías máis suaves ata temas guitarreiros de punk rock rápido, mentres que as letras abordan temas como as mulleres no rock, a moral, os trastornos alimentarios, o feminismo, o xornalismo musical e os medios.

Tras o lanzamento, All Hands on the Bad One alcanzou o número 177 na lista Billboard Top 200 e o número 12 na lista Heatseekers Albums.[1] Unha canción do álbum, "You're No Rock n' Roll Fun", foi lanzada como sinxelo. O álbum recibiu críticas moi positivas, eloxiando os críticos a súa consistencia e as voces da cantante e guitarrista Corin Tucker. All Hands on the Bad One apareceu en varias listas de fin de ano e recibiu unha nomeación para o premio de Mellor Álbum de Música nos 12th Annual Gay and Lesbian Alliance Against Defamation Awards.[2]

  1. "Sleater-Kinney". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-08-06. 
  2. "GLAAD". web.archive.org. 2001-04-09. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2001. Consultado o 2024-08-06. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne