Alnus

Amieiros (xénero Alnus)

Alnus serrulata
Amentos masculinos (dereita),
amentos femininos chegados (esquerda)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Fagales
Familia: Betulaceae
Xénero: Alnus
Especies
Véxase texto
Sinonimia
Os amieirais ocupan brañas e lameiros, lugares moi húmidos. Amieiral de A. glutinosa no río Landro, Galicia.
Amieiral en Helsinqui.

Alnus é un xénero da familia das Betuláceas. Contén 30 especies de árbores e arbustos monoicos (moi poucos deles acadan un gran tamaño), denominados comunmente amieiros, distribuídos por todo o mundo. Presentan follas ovadas e co bordo dentado. As flores son en forma de amentos, os masculinos alongados e os femininos curtos, ambos na mesma planta.

En Galicia só atopamos unha especie propia, o Alnus glutinosa (amieiro común), que é propio das ribeiras, lameiros e brañas.

  1. "Alnus". Real Jardín Botánico de Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 26 de diciembre de 2009. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne