Alto Representante para Bosnia e Hercegovina | |
---|---|
Sede | Emerika Bluma 1, Saraxevo |
Creación | Acordo de Dayton (14 de decembro de 1995) |
Primeiro titular | Carl Bildt |
Sitio web | http://www.ohr.int/?lang=en |
O Alto Representante para Bosnia e Hercegovina, xunto coa Oficina do Alto Representante (OHR) en Bosnia e Hercegovina, creouse en 1995 inmediatamente despois da firma dos Acordos de Dayton que puxeron fin á guerra de Bosnia.
O propósito do Alto Representante e a OHR é supervisar a aplicación civil dos acordos de Dayton. Tamén serve para representar aos países involucrados na aplicación do Acordo de Dayton a través do Consello de Aplicación da Paz (PIC). Até o presente, todos os altos representantes nomeados foron de países da Unión Europea, mentres que os seus principais adxuntos foron dos Estados Unidos. O Alto Representante Adxunto Principal desempéñase como Supervisor Internacional de Brčko, representando á comunidade internacional no Distrito de Brčko.[1]