République de Haute-Volta (fr) ![]() | |||||
Himno | Hymne Nationale Voltaïque (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Uagadugú ![]() | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua francesa ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 11 de decembro de 1958 ![]() | ||||
Disolución | 4 de agosto de 1984 ![]() | ||||
Sucedido por | Burkina Faso ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | self-governing colony (en) ![]() ![]() | ||||
Moeda | Franco CFA ![]() | ||||
Código de país | sen valor e HV ![]() | ||||
A República do Alto Volta (en francés République de Haute-Volta) foi establecida o 11 de decembro de 1958 como unha república autónoma dentro da Comunidade Francesa. Antes de conseguir a independencia fora denominado Alto Volta Francés, parte da Unión Francesa. O 5 de agosto de 1960 conseguiu a total independencia de Francia.
Thomas Sankara chegou ao poder mediante un golpe de estado militar o 4 de agosto de 1983. Tras o golpe, formou o Consello Nacional para a Revolución (CNR), consigo mesmo como presidente. Baixo a dirección de Sankara o nome do país cambiouse, o 4 de agosto de 1984, de Alto Volta a Burkina Faso, que significa “a patria dos homes íntegros”.
O nome Alto Volta indica que o país se estendía polo curso alto do río Volta (Volta Negro), e os seus dous afluentes, o Volta Branco e o Volta Vermello, afluente do anterior. As cores da bandeira do Alto Volta representan estes tres ríos.