Os Altostratus ou altostratos[1], abreviadamente As, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, se caracterizan por constituíren unha lámina ou capa agrisada ou azulada, de aspecto estriado, fibroso ou uniforme, que cobre por enteiro ou parcialmente o ceo, como unha gran saba. Teñen partes delgadas dabondo que permiten distinguir vagamente o Sol. A diferenza dos Cirrostratus non producen halo.