Always Ascending | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Franz Ferdinand | ||||
Publicado | 9 de febreiro de 2018 | |||
Gravación | 2017 - 2018 | |||
Estudio(s) | Motorbass, París RAK, Londres | |||
Duración | 39:48 | |||
Xénero(s) | Indie rockdance-punknew wave | |||
Selo(s) | Domino Records | |||
Produtor | Philippe Zdar | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Always Ascending é o quinto álbum de estudio da banda escocesa de indie rock Franz Ferdinand, publicado o 9 de febreiro de 2018 a través do selo Domino Records. É o primeiro álbum do grupo en contar co seu novo membro Julian Corrie, que se uniu pouco despois da marcha de Nick McCarthy. O disco tivo en xeral boas críticas. Chegou ao número 3 en Escocia e ao número 6 no Reino Unido.[1] Editáronse catro sinxelos do traballo: "Always Ascending", "Feel the Love Go", "Lazy Boy" e unha versión alternativa de "Glimpse of Love". Varios temas do disco apareceron en escenas ou nos créditos finais de distintos episodios da serie de televisión Loudermilk.