Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Un alxibe (do árabe hispano alǧúbb, algúbb, e este do árabe clásico جب, gubb) é un depósito, polo xeral subterráneo, onde se recolle e se almacena auga xeralmente potábel ou incluso outros líquidos[1]. Podería ser sinónimos con algunhas diferenzas cisterna, pozo ou fosa[2][3]. Adoita cubrirse cunha bóveda de canón ou lixeiramente apuntada ou en cúpula de casquete, erguida en ladrillo. A auga dos alxibes adoita proceder da choiva das cubertas das casas ou de traídas, habitualmente, que se conduce mediante canalizacións. Normalmente é subterráneo, total ou parcialmente, aínda que tamén poden atoparse en construcións escavadas en zonas onde existen grandes moles rochosas. Cómpre non confudir este termo co de talla ou cántaro: depósito destinado a transportar líquidos. En Galicia, por mor da abundancia de precipitacións, non son comúns como en zonas mediterráneas, ou noutros países secos.
Adoita estar construído con ladrillos unidos con morteiro. As paredes internas adoitan estar recubertas dunha mestura de cal, area, óxido de ferro, arxila vermella e resina de lentisco, para impedir filtracións e a putrescencia da auga que contén.
Os modernos adoitan estar construídos de formigón e azulexos.[4]