Amar en tiempos revueltos

Amar en tiempos revueltos
FormatoTelenovela
Creado porJosep Maria Benet i Jornet
Tema de apertura«Amar en tiempos revueltos» (por Mónica Molina)
«Volver a comenzar» (por Nuria Fergó)
«Volver a comenzar» (por Mónica Molina)
País de orixeEspaña
Episodios1.716
Produción
Duración60 min
Emisión orixinal
Canle de orixeLa 1
Primeiro episodio26 de setembro de 2005
Derradeiro episodio16 de novembro de 2012
Na rede
http://www.rtve.es/television/amarentiemposrevueltos.shtml
IMDB: tt0472642 Filmaffinity: 175138 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Amar en tiempos revueltos é unha telenovela ambientada na época da guerra civil española e nos primeiros anos do franquismo. Está inspirada pola serie de TV3 Temps de Silenci, producida tamén por Diagonal TV. Empezou a emitirse en La 1 diariamente desde o 27 de setembro de 2005 e durante sete anos permaneceu en emisión ata o 16 de novembro de 2012.

A primeira tempada ambientábase nos sucesos que ocorreron entre os anos 1936 e 1945. A segunda tempada comprende o período de 1945 a 1948. A terceira comeza no verán de 1948, a cuarta transcorre a partir de 1950 e a quinta tempada comeza o 1 de abril de 1952. A sexta tempada ten lugar durante os anos 1954 e 1955 e a sétima tempada comeza en xullo de 1956 e esténdese ata o ano 1957.

En 2012, a produtora Diagonal TV rompeu o acordo que mantiña con Televisión Española.[1] Este feito provocou que a serie orixinal finalizase en TVE e que se crease un spin off titulado Amar es para siempre, que iniciou a súa emisión o 14 de xaneiro de 2013 na cadea privada Antena 3.[2]

  1. "'Amar en tiempos revueltos' rompe con TVE e inicia 'noviazgo' con Antena 3". La Voz Libre. 26 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2012. 
  2. "Amar es para siempre" collerá a testemuña de "Amar en tiempos revueltos" en xaneiro en Antena 3

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne