O amargo de Angostura, é un ingrediente moi apreciado na elaboración como bíter (amargo) en cócteles, e tamén como condimento de sopas e salsas. De sabor amargo con contido alcohólico do 44,7 % en volume, úsase en pequenas cantidades para dar un toque a distintas mesturas. Foi creado en Venezuela con propósitos medicinais polo médico alemán Johann Gottlieb Benjamin Siegert, dándolle o nome da cidade de orixe.[1]