Amaryllidaceae

Amaryllidaceae

Diversidade floral nas amarilidáceas. A: Crinum, B: Narcissus, C: Sprekelia (representantes da subfamilia das amarilidóideas), D: Agapanthus (unha agapantóidea), E: Allium, F: Tristagma (membros das alióideas).
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Monocotyledoneae
Orde: Asparagales
Familia: Amaryllidaceae
Burnett
Subfamilias

As amarilidáceas (Amaryllidaceae) son unha familia de plantas herbáceas, perennes, bulbosas ou rizomatosas, pertencentes á orde Asparagales das monocotiledóneas. Poden ser facilmente recoñecidas polas súas flores trímeras dispostas en inflorescencias similares a umbelas, as cales se achan rodeadas de dúas brácteas na extremidade dun escapo. A familia está composta por uns 73 xéneros e aproximadamente 1600 especies e distribúese por todo o mundo. A diversidade desta familia áchase taxonómicamente organizada en tres subfamilias, ás que até hai pouco tempo eran recoñecidas con categoría de familia: amarilidóideas, alióideas e agapantóideas. Salvo esta última, que presenta un só xénero, as dúas restantes divídense en varias tribos.[1]

As amarilidáceas presentan unha considerable importancia económica e cultural. De feito, moitas das súas especies son utilizadas como condimento, plantas ornamentais, hortícolas e medicinais.[2]

  1. Stevens, P. F. (2001 e posteriores). "Alliaceae". Angiosperm Phylogeny Website. Versión 7, maio 2006 (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2008. 
  2. Dimitri, M. 1987. Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería. Tomo I. Descripción de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne