Amencer vermello | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Red Dawn |
Director | John Milius |
Produtor | Buzz Feitshans Barry Beckerman Sidney Beckerman |
Guión | Kevin Reynolds John Milius |
Intérpretes | |
Música | Basil Poledouris |
Fotografía | Ric Waite |
Montaxe | Thom Noble |
Estudio | United Artists Valkyrie Films} |
Distribuidora | MGM/UA Entertainment Company |
Estrea | 10 de agosto de 1984 |
Duración | 114 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Action |
Orzamento | 17 millóns de dólares[2] |
Recadación | 38 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Amencer vermello (en inglés: Red Dawn) é un filme estadounidense de 1984 dirixido por John Milius, cun guión de Kevin Reynolds e Milius. Está protagonizado por Patrick Swayze, Charlie Sheen, C. Thomas Howell, Lea Thompson, Jennifer Grey, Ben Johnson, Harry Dean Stanton, Ron O'Neal, William Smith e Powers Boothe.
O filme conta como os Estados Unidos son invadidos pola Unión Soviética e os seus aliados en Cuba e Nicaragua.[3] Porén, existe un contexto baseado na terceira guerra mundial que non está completamente elaborado. O argumento céntrase nun grupo de estudantes de secundaria que resisten a ocupación con loita de guerrillas, chamándose a si mesmos "Wolverines", como a mascota do seu instituto.
Estreouse en galego o 13 de xaneiro de 1993 a través da TVG.[4]