America (grupo musical)

America
Beckley, Peek e Bunnell en 1972.
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1970-presente
Xénero(s)Rock, folk rock, soft rock, pop rock
Selo(s) discográfico(s)Warner Bros., Capitol, Burgundy
MembrosGerry Beckley
Dewey Bunnell
Antigos membrosDan Peek
Na rede
http://www.venturahighway.com/
IMDB: nm2085638 Facebook: Americaband Twitter: americaband Instagram: americaband Tumblr: americaband MySpace: americaofficial Youtube: UCE-I7YO3WHKGpqMTWWHDWSg Pinterest: americaband Spotify: 35U9lQaRWSQISxQAB94Meo iTunes: 572791 Last fm: America Musicbrainz: 34cf95c7-4be9-4efd-a48a-c2ea4a0bb114 Songkick: 2477036 Discogs: 249829 Allmusic: mn0000019297 Deezer: 4 Genius: America Editar o valor en Wikidata

America é un grupo musical de rock formado en Inglaterra en 1970 polos artistas Dewey Bunnell, Dan Peek e Gerry Beckley. O trío coñeceuse por seren fillos de militares estadounidenses das forzas aéreas asentados en Londres, onde comezaron as súas actuacións en vivo. America acadou unha gran popularidade na década de 1970, e eran coñecidos polas súas harmonías vocais e o seu son folk acústico e lixeiro.

America nunha actuación de 1972.

O grupo xurdiu pouco despois da gradución dos seus membros no instituto, e axiña asinaron co selo Warner Bros. Records. O seu primeiro álbum, 1America, produciu os seus primeiros éxitos "A Horse with No Name" e "I Need You"; Homecoming (1972) produciu o sinxelo "Ventura Highway" e Hat Trick (1973), tivo un éxito máis modesto nas listas e produciu un éxito menor, "Muskrat Love".


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne