American Academy of Dramatic Arts | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | escola de arte dramática, institución educativa privada sen ánimo de lucro, organización e academia |
Data de fundación | 1884 |
Nº de empregados | 67 (2020) ![]() |
Localización | |
Sede | Nova York |
Enderezo | 120 Madison Ave, New York, NY, 10016 |
En | Manhattan |
País | Estados Unidos de América |
40°44′44″N 73°59′06″O / 40.74558, -73.9849 | |
Na rede | |
https://www.aada.edu/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A American Academy of Dramatic Arts (Academia Estadounidense de Arte Dramática) foi fundada en Nova York en 1884 para adestrar a actores, ofrecendo unha educación profesional no campo da actuación, sendo unha das escolas máis sonadas do mundo, considerada a primeira escola de teatro da fala inglesa. En 1974, a Academia abriu outro centro en Pasadena, California, que a fixo a única escola de educación actoral profesional nos centros principais de actividade teatral americana. O centro dos Ánxeles foi trasladado de Pasadena a Hollywood en 1999. A súa directora é Susan Zech.
A Academia ofrece un Grao de asociado en Estudos Ocupacionais, e ofrece a carreira de actuación para o teatro, cine e televisión. O seu propósito é proporcionar unha educación post-secundaria práctica que saliente as habilidades que necesita un actor na contorna competitiva da actualidade. Os estudantes tamén teñen a oportunidade de facer unha audición para a compañía de teatro de terceiro ano. Polo xeral, os estudantes poden transferir os créditos completados a unha universidade ou estudar 4 anos para finalizar unha licenciatura se así o desexan. Moitas estrelas coñecidas, do pasado e do presente, comezaron nesta Academia.
Na actualidade, ofrecen cursos de películas e de televisión e tamén proporciona un estruturado programa orientado profesionalmente que acentúa o autodescubrimento, a autodisciplina e a individualidade.