American Airlines | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA AA | OACI AAL | Indicativo AMERICAN |
Fundación | 1930 (como American Airways) | |
Inicio das operacións | 1934 | |
Plan de voo frecuente | AAdvantage | |
Alianza | Oneworld ![]() | |
Frota | 605 | |
Destinos | 260 | |
Páxina web: https://www.aa.com |
American Airlines, Inc. (AA) é a terceira aeroliña máis grande do mundo en millas por pasaxeiro e en ingresos do mundo. American Airlines é unha subsidiaria de AMR Corporation e ten a súa sede en Fort Worth, Texas, ao lado do seu principal centro de actividade, o Aeroporto Internacional de Dallas/Fort Worth. A aeroliña ten unha extensa rede internacional e doméstica, con voos regulares a Norteamérica, o Caribe, Suramérica, Europa e Asia e o Pacífico.
American Airlines ten cinco centros de operacións: Dallas/Fort Worth (DFW), Chicago (ORD), Miami (MIA), Nova York (JFK) e Os Ánxeles (LAX). Dallas/Fort Worth e o seu centro máis grande, operando AA e American Eagle, a aeroliña rexional de AMR, o 85% do seu tráfico no aeroporto e viaxando a máis destinos que dende calquera dos seus outros centros. Na actualidade American ten bases de mantemento en Tulsa (TUL) e Fort Worth Alliance (AFW), e ten dous afilaidos, American Eagle e AmericanConnection.