amidase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Identificadores | |||||||||
Número EC | 3.5.1.4 | ||||||||
Número CAS | 9012-56-0 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
Amidase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Estrutura de raios X da péptido amidase nativa de Stenotrophomonas maltophilia a 1,4 Å | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | Amidase | ||||||||
Pfam | PF01425 | ||||||||
InterPro | IPR000120 | ||||||||
PROSITE | PDOC00494 | ||||||||
SCOPe | 1ocm / SUPFAM | ||||||||
OPM superfamily | 55 | ||||||||
OPM protein | 1mt5 | ||||||||
Membranome | 325 | ||||||||
|
En encimoloxía, unha amidase (EC 3.5.1.4, acilamidase, acilase (termo confuso), amidohidrolase (ambiguo), desaminase (ambiguo), acilamidase de ácido graxo, N-acetilaminohidrolase (ambiguo)) é un encima que cataliza a hidrólise dunha amida:
Así, os dous substratos deste encima son amidas de ácido monocarboxílico e a H2O, mentres que os seus dous produtos son monocarboxilatos e NH3.
Este encima pertence á familia das hidrolases que actúan sobre enlaces carbono-nitróxeno que non son enlaces peptídicos de proteínas, especificamente amidas liñais. O nome sistemático desta clase de encimas é acilamida amidohidrolase. Outros nomes de uso común son acilamidase, acilase, amidohidrolase, desaminase, acilamidase de ácido graxo e N-acetilaminohidrolase, pero algúns son ambiguos. Este encima participa en 6 rutas metabólicas, que son: ciclo da urea e metabolismo dos grupos amino, metabolismo da fenilalanina, metabolismo do triptófano, metabolismo de cianoaminoácidos, degradación do aminobenzoato e degradación do estireno.
As amidases conteñen un tramo conservado de aproximadamente 130 aminoácidos coñecido como secuencia AS. Están moi estendidas entre os seres vivos e encóntranse tanto en procariotas coma en eucariotas. Os encimas AS catalizan a hidrólise dun enlace amida (CO-NH2), aínda que a familia diverxeu moito en canto á especificidade de substrato e función. Non obstante, estes encimas mantaeñen unha estrutura central alfa/beta/alfa, na que as topoloxías das metades N- e C-terminais son similares. Os encimas AS caracterízanse por ter unha rexión C-terminal moi conservada rica en residuos de serina e glicina, pero carente de residuos de ácido aspártico e histidina, e, por tsnto, difiren das serina hidrolases clásicas. Estes encimas posúen unha triade catalítica única moi conservada Ser-Ser-Lys usada para a hidrólise da amida, aínda que o mecanismo de catálise para a formación do intermediario acil-encima pode ser diferente en distintos encimas.[1]
Examplos de encimas que conteñen a sinatura AS son:
En 2018 resolvéranse 162 estruturas de encimas desta familia, ás que se pode acceder en Pfam Arquivado 18 de setembro de 2021 en Wayback Machine..