Amilosa | |
---|---|
![]() | |
Identificadores | |
Número CAS | 9005-82-7 |
UNII | 7TDQ74Y18L |
Propiedades | |
Fórmula molecular | variable |
Masa molecular | variable |
Aspecto | po branco |
Perigosidade | |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A amilosa é un dos polímeros que forman parte do amidón, xunto coa amilopectina. É un polisacárido liñal (non ramificado) formado por unidades de D-glicosa característico de plantas e algas.
Este polisacárido supón do 2 ao 30 % do peso dun gránulo de amidón.[1] A súa función principal é a reserva enerxética.
Como ten unha estrutura moi empaquetada, a amilosa é máis resistente á dixestión ca a amilopectina e é un tipo de "amidón resistente", utilizado como prebiótico [2].