Amorodos salvaxes | |
---|---|
Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Smultronstället |
Director | Ingmar Bergman |
Produtor | Allan Ekelund |
Guión | Ingmar Bergman |
Intérpretes | Victor Sjöström Bibi Andersson Ingrid Thulin Gunnar Björnstrand |
Música | Erik Nordgren |
Fotografía | Gunnar Fischer |
Montaxe | Oscar Rosander |
Distribuidora | AB Svensk Filmindustri |
Estrea | 26 de decembro de 1957 |
Duración | 91 minutos |
Orixe | Suecia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Amorodos salvaxes (en sueco: Smultronstället) é un filme sueco escrito e dirixido por Ingmar Bergman que se estreou en 1957. Está protagonizado por Victor Sjöström, na súa última aparición na gran pantalla, que interpreta un vello que lembra o seu pasado. Ademais tamén aparecen actores habituais nos filmes de Bergman, como Bibi Andersson, Ingrid Thulin e Gunnar Björnstrand. Max von Sydow tamén aparece interpretando un pequeno papel. Bergman escribiu o guión mentres estaba hospitalizado.[1] O filme explora temas filosóficos como a introspección e a existencia humana, e está considerado unha das mellores obras de Bergman.[2]