An Extremely Goofy Movie | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | An Extremely Goofy Movie |
Director | Douglas McCarthy |
Produtor | Lynne Southerland |
Guión | Scott Gorden |
Baseado en | Goof Troop de Robert Taylor e Michael Peraza Jr.[1][2] |
Intérpretes | |
Música | Steve Bartek |
Estudio | |
Distribuidora | Walt Disney Home Video |
Estrea | DVD: 29 de febreiro de 2000 |
Duración | 79 minutos |
Orixe | Estados Unidos[4] Singapur[4] Australia[4] |
Xénero | Animación |
Filme anterior | A Goofy Movie |
Na rede | |
http://movies.disney.com/an-extremely-goofy-movie | |
An Extremely Goofy Movie é un filme estadounidense de 2000 dirixido por Douglas McCarthy. Foi distribuído por Walt Disney Home Video e producido por Walt Disney Television Animation. É unha secuela do filme de 1995 A Goofy Movie e o remate para a serie de televisión Goof Troop, na cal Max Goof vai á universidade para non ter que aturar o seu pai, Goofy, ata que este perde o seu traballo e se matricula alí para conseguir a titulación que nunca recibiu. Mentres tanto, Max e os seus amigos compiten nos X Games universitarios.
Estreouse en Blu-ray co título Disney Movie Club xunto con A Goofy Movie o 23 de abril de 2019.[5]