Ana Mato Adrover, nada en Madrid o 24 de setembro de 1959, é unha política española que pertence ao Partido Popular. Foi Ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade do Goberno de España dende o 22 de decembro de 2011 ata novembro de 2014. É irmá de Gabriel Mato, tamén político.
Foi tamén vicesecretaria xeral do Partido Popular, encargada da organización do partido e de temas electorais, entre 2008 e 2012. Anteriormente foi eurodeputada do Parlamento Europeo entre o ano 2004 e 2008.
Está separada do exalcalde de Pozuelo de Alarcón, Jesús Sepúlveda, imputado polo Caso Gürtel, co que ten tres fillos. Dimitiu como Ministra o 26 de novembro de 2014 pola súa implicación no Caso Gürtel.[1] Uns meses despois anunciu a súa retirada da política,[2] se ben continuou no seu posto de deputada ata a disolución das Cortes previa ás eleccións lexislativas de 2015.