Anaheim

Modelo:Xeografía políticaAnaheim
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 33°50′10″N 117°53′23″O / 33.8361, -117.8897
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCalifornia
CondadoCondado de Orange Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación346.824 (2020) Editar o valor en Wikidata (2.647,51 hab./km²)
Número de fogares103.704 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaárea metropolitana dos Ánxeles Editar o valor en Wikidata (Poboación:13.200.998) Editar o valor en Wikidata
Superficie131 km² Editar o valor en Wikidata
Auga1,92 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude47,9 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1857 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Anaheim, California (en) Traducir Editar o valor en WikidataAshleigh Aitken (2022–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal92800–92899 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico714 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Mito (1976–)
Vitoria (1998–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webanaheim.net Editar o valor en Wikidata

Anaheim é unha cidade situada no condado de Orange (California). No ano 2009, a súa poboación era de 348.467 habitantes, o que a converte na décima cidade máis poboada do Estado. É tamén a segunda cidade máis populosa do condado (despois de Santa Ana) e a segunda máis grande, en termos de superficie. É coñecida polos seus parques temáticos, equipos deportivos, e centros de convencións.

Fundada por cincuenta familias alemás en 1857 e constituída o 10 de febreiro de 1870, Anaheim converteuse nun centro industrial, produtor de electrónicos, partes de aeronaves, e froitas enlatadas. É o lugar onde se atopa o complexo de vacacións Disneyland Resort, un popular grupo de parques temáticos e hoteis desde 2001, o Angel Stadium of Anaheim, o Centro de Honda, e o Centro de convencións de Anaheim, o maior en toda a costa oeste de América, e o Centro de Visitantes de Anaheim, adxacente ao Centro de convencións. O nome de Anaheim é unha combinación formada de dous termos: "Ana", a partir do próximo Río de Santa Ana, e "heim", un termo común en Alemaña que significa "casa".

Os límites da cidade abarcan desde Cypress, no oeste, até chegar á fronteira do Condado de Riverside, no leste. O occidente de Anaheim caracterízase polas veciñanzas que datan da década de 1950, e que comprenden parte da continua expansión dos suburbios dos Ánxeles.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne