Anaxyrus boreas | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anaxyrus boreas boreas | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Anaxyrus boreas (antes chamado Bufo boreas) é unha especie de sapo relativamente grande (entre 5,6 e 13 cm de lonxitude) nativo do oeste de Norteamérica.[1][2][3] Pode encontrarse frecuentemente durante a estación seca en estradas ou preto da auga noutras épocas do ano. Cando se colle na man o adulto adoita emitir un son similar ao piar dun polo debaténdose. Come calquera tipo de insecto que poida capturar. Pode choutar a unha considerable distancia para un sapo. A reprodución ocorre entre marzo e xullo en áreas montañosas e en xaneiro en rexións menos elevadas. A femia pon ata 17 000 ovos pegados entre si formando cadeas que se adhiren á vexetación e outros obxectos que haxa no bordo da auga.[4] A especie está dividida en dúas subespecies: A. b. boreas (na parte norte da súa área de distribución) e A. b. halophilus (na parte sur).